Susana Lago Varela, con DNI ***2820**, veciña do lugar Rial-Romai, nº 6, parroquia de Romai, concello de Portas (Pontevedra), mediante este anuncio convoca a asemblea xeral a todos os usuarios de auga, co fin de constituírse en comunidade de regantes segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea será o 5 de setembro de 2025, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, no local social sito no lugar de Xagobe-Vilavedra, nº 86, Romai, Portas (Pontevedra), coa seguinte orde do día:
1. Conformar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda e referencia catastral ou referencia catastral da parcela que se regará, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de regantes segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.
2. Aprobar as bases a que, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.
3. Designar os membros que integrarán a xunta de goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Romai, 12 de agosto de 2025
Susana Piñeiro Lago
Presidenta da Comunidade de Regantes Romai Vello
