DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 3 de setembro de 2025 Páx. 48037

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de funcionario/a de carreira de técnico/a de normalización lingüística de Administración especial incluída na oferta de emprego público de 2025.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 152, do 12 de agosto de 2025, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir unha praza de funcionario/a de carreira de técnico/a de normalización lingüística, subgrupo A2, escala de Administración especial, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello que está incluída na oferta de emprego público de 2025.

O prazo de presentación de instancias para solicitar tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Val do Dubra, 12 de agosto de 2025

Diego Luís Díaz Méndez
Alcalde presidente