Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 29 de xullo de 2025, aprobáronse as bases xerais, así como a convocatoria para cubrir a praza correspondente á oferta de emprego público de 2023.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 147, do 5 de agosto de 2025, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo para cubrir, por concurso-oposición libre, a seguinte vacante: bibliotecario/a (laboral fixo, grupo II).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://soutomaior.sedelectronica.es].
Soutomaior, 11 de agosto de 2025
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde
