DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 4 de setembro de 2025 Páx. 48255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de agosto de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario 189/2024-CO e dous máis.

Logo de intentar a notificación do dito acto administrativo, nos termos do artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), esta non se puido efectuar.

Polo que, de conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, en virtude deste anuncio, notificamos as resolucións, relativas aos expedientes de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia; DOG núm. 132, do 12 de xullo), ás persoas que se relacionan no anexo.

Segundo establece o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no lugar e no prazo que se sinalan a seguir:

No prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo sen que estas compareceran, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o xefe deste servizo provincial ou ante o director da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da LPACAP.

Transcorrido o dito prazo sen que formularan o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

A Coruña, 6 de agosto de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Estrada

189/2024-CO

00274949F

AC-544, Bertamiráns (AC-543)-Negreira, p.q. 8+000

190/2024-CO

32946100A

AC-305, Padrón (VG-1.1)-Ribeira (AC-550), p.q. 16+000

643/2024-CO

24400393S

AC-840, Betanzos (AC-542)-L.P.-Agolada (N-640), p.q. 47+550