A Xunta de Goberno Local do Concello de Cerdedo-Cotobade, en sesión extraordinaria urxente do 12 de agosto de 2025, adoptou o acordo de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ordenación da área dotacional de Tenorio.
De conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal Faro de Vigo.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a na Casa Consistorial do Concello (A Chan, 11, Carballedo), das 9.00 ás 14.00 horas, para formular as alegacións que se consideren pertinentes, así como na sede electrónica da entidade (http://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal/info.0).
De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións.
Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.
Cerdedo-Cotobade, 12 de agosto de 2025
Jorge Cubela López
Alcalde
