No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 151, con data do 3.7.2025 foron publicadas as bases reguladoras do proceso de selección de 1 técnico/a medio/a PAI (actualmente Escola Infantil Municipal) subgrupo A2, clase técnicos medios como persoal laboral fixo. OEP 2025.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Guitiriz, 31 de xullo de 2025
María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa
