Na Xunta de Goberno Local do Concello de Moaña do 30 de xuño de 2025 aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2025, coa especificación das prazas que se indican a seguir, xunto coa súa denominación e clasificación:
Persoal funcionario de carreira.
|
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Titulación |
Provisión |
|
1 |
Técnico/a de administración xeral |
A |
A1 |
Adm. xeral |
Técnica |
Grao universitario |
Quenda libre |
|
1 |
Técnico/a de xestión |
A |
A2 |
Adm. xeral |
Xestión |
Grao universitario |
Promoción interna |
|
1 |
Arquitecto/a técnico/a |
A |
A2 |
Adm. especial |
Técnica media |
Grao universitario |
Promoción interna funcionarización |
|
1 |
Oficial/a de policía |
C |
C1 |
Adm. especial |
Serv. especiais |
Bacharelato |
Promoción interna |
|
2 |
Policía |
C |
C1 |
Adm. especial |
Serv. especiais |
Bacharelato |
Mobilidade |
|
1 |
Administrativo/a (Estatística) |
C |
C1 |
Adm. xeral |
Administrativa |
Bacharelato |
Quenda libre |
|
1 |
Administrativo/a de arquivo |
C |
C1 |
Adm. xeral |
Administrativa |
Bacharelato |
Promoción interna |
|
1 |
Administrativo/a (Praza e Mercado) |
C |
C1 |
Adm. xeral |
Administrativa |
Bacharelato |
Quenda libre |
|
1 |
Auxiliar administrativo/a (Rexistro) |
C |
C2 |
Adm. xeral |
Auxiliar |
ESO |
Promoción interna |
|
1 |
Auxiliar administrativo/a (Alcaldía) |
C |
C2 |
Adm. xeral |
Auxiliar |
ESO |
Quenda libre |
|
3 |
Conserxe de servizos múltiples |
AP |
Adm. especial |
Serv. especiais |
Non se require |
Quenda libre, 1 reservada para discapacidade |
|
|
1 |
Sepultureiro/a |
AP |
Adm. especial |
Serv. especiais |
Non se require |
Quenda libre |
Persoal laboral fixo.
|
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Titulación |
Provisión |
|
1 |
Oficial/a de primeira condutor/a |
4 |
4-B |
ESO |
Quenda libre |
|
1 |
Oficial/a de primeira condutor/a maquinista |
4 |
4-B |
ESO |
Quenda libre |
|
1 |
Oficial/a de primeira fontaneiro/a |
4 |
4-B |
ESO |
Quenda libre |
|
2 |
Auxiliar de policía |
4 |
4-B |
ESO |
Quenda libre. Sentenza |
|
5 |
Limpador/a |
5 |
5-B |
Non se require |
Quenda libre, 1 reservada a persoas con discapacidade |
|
1 |
Peón especialista |
5 |
5-A |
Non se require |
Promoción interna |
Persoal laboral fixo. Taxa de reposición específica para contratos de remuda.
|
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Titulación |
Provisión |
|
1 |
Oficial/a de primeira mecánico/a |
4 |
4-B |
ESO |
Quenda libre |
|
1 |
Oficial/a de primeira xardineiro/a |
4 |
4-B |
ESO |
Quenda libre |
O anterior publícase en cumprimento do ordenado no acordo de aprobación desta oferta.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte ao disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de interporse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, e entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, poderán entón as persoas interesadas interpor recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme dereito.
Moaña, 7 de agosto de 2025
Leticia Santos Paz
Alcaldesa
