DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 4 de setembro de 2025 Páx. 48229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 18 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Granja Campomayor, S.L. para unha explotación avícola de recría de poliñas, situada no lugar da Bragaña, parroquia da Puxeda, concello de Palas de Rei.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola de recría de poliñas

Procedemento: outorgamento da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Granja Campomayor, S.L.

Expediente: 2024-IPPC-I-41

Localización: lugar da Bragaña, parroquia da Puxeda, concello de Palas de Rei (Lugo)

Número de rexistro AAI: 2024-IPPC-I-41-385

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade