Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación da resolución ditada no procedemento no último domicilio coñecido da persoa que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio o referido acto administrativo á dita persoa, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, rolda da Muralla, 70, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Lugo, 8 de agosto de 2025
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Procedemento BS650A
|
Núm. expte. |
DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada |
Resolución |
Data do acto administrativo |
|
27/00392-X/16 |
76552554K |
Extinción |
22.5.2025 |
