Mediante a Resolución do 23 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previas e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2024/025-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse aos titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 14 de agosto de 2025
A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024; artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/025-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación da LMTA CAS802 no treito entre os apoios núm. D6 e número D17.
Situación: lugar de Santa Cristina, concello de Ribadavia.
Predio núm. en proxecto: 3; Referencia catastral: 32070A042000320000YD.
Lugar: Monte do Val.
Cultivo: Matogueira.
Titular: CMVMC Sampaio, Santa Cristina.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D8.
Predio núm. en proxecto: 4; Referencia catastral: 32070A043002470000YY.
Lugar: Monte do Val.
Cultivo: Matogueira.
Titular: CMVMC Sampaio, Santa Cristina.
Afectacións: ocupación de 4 m2 para os apoios núm. D12 e D13.
