DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 4 de setembro de 2025 Páx. 48241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de emenda de erro material no acordo polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización administrativa dunha infraestrutura gasística no termo municipal de Curtis (expediente IN627A 2025/001-0).

Expediente: IN627A 2025/001-0.

Solicitante/promotora: Nedgia, S.A.

Denominación: Proxecto técnico para solicitar autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución da construción da rede de gas e a súa adaptación para inxección de biometano á rede RAB-I016 no termo municipal de Curtis (Galicia).

Termo municipal: Curtis.

Feitos:

1. O 8.8.2025 acordouse someter a información pública unha solicitude de autorización administrativa dunha infraestrutura gasística no termo municipal de Curtis (IN627A 2025/001-0).

2. No devandito acordo detectouse un erro material en canto á razón social e NIF do solicitante.

Consideracións legais e técnicas:

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De acordo con todo o indicado, resolvo emendar o citado acordo, de xeito que onde di:

«Nedgia Galicia, S.A. con CIF núm. A15383284».

Debe dicir:

«Nedgia, S.A. con CIF núm. A66560152».

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 28 de agosto de 2025

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria