DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 5 de setembro de 2025 Páx. 48436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0281/2024-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0281/2024-V e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 19 de agosto de 2025

A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024, do titular da Consellería do Mar)
María Paz Sánchez Díaz
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0281/2024-V

52934117P

Resolución

O Campanario, nº 18, Baroña (San Pedro) Porto do Son

PSC-FE-0296/2024-PPM

58035327W

Resolución

O Poboado do Portiño, nº 2, 1º esq., A Coruña

PSC-FE-0340/2024-PPM

32716083D

Resolución

O Puntal de Abaixo, nº 22, Neda

PSC-FE-0085/2025-PPM

47438785C

Resolución

O Portiño, nº 6, baixo, A Coruña

PSC-FE-0086/2025-PPM

79347179P

Resolución

O Portiño, D17, San Pedro de Visma, A Coruña