DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 5 de setembro de 2025 Páx. 48434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0184/2025-V e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0184/2025-V e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 19 de agosto de 2025

A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024)
María Paz Sánchez Díaz
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0184/2025-V

32676725G

Inicio

r/ Mestre López Dafonte, nº 23, ptl. 3, 2º esqa., Ferrol

PSC-FE-0185/2025-V

32655355R

Inicio

r/ Xeneral Morgado, nº 15, 1º B, Neda

PSC-FE-0188/2025-PPM

32658144F

Inicio

r/ Mestre López Dafonte, nº 23, ptl. 3, 2º esqa., Ferrol

PSC-FE-0189/2025-V

76130053F

Inicio

Avenida do Mar, nº 33, Bl. 11, 4º esqa., San Valentín, (Fene)

PSC-FE-0194/2025-V

53484472L

Inicio

A Angustia, nº 48, Posmarcos, A Pobra do Caramiñal

PSC-FE-0197/2025-PPM

Y8006843M

Inicio

Avenida Compostilla, nº 39, 2º, Ponferrada

PSC-FE-0202/2025-PPM

47375860T

Inicio

O Portiño, 2º D, A Coruña