DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 5 de setembro de 2025 Páx. 48386

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de setembro do 2025 pola que se nomean como persoal laboral fixo na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, tres novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), ou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e polas resolucións do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Unha vez rematado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), e o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104, Intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro), e polas resolucións do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro), e unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 19 de agosto de 2025 (DOG número 160, do 22 de agosto), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 104 do grupo III, Intérprete de linguaxe de signos, de persoal laboral da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, caso en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categ.

Observ.

42

***7038**

Vázquez González, Iria

34

EDC994011415001271

Intérprete de linguaxe de signos

ED

Aulas de E.E. Centro Público Provincial

(A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

104

Itinerante

43

***2942**

Vázquez Vázquez, María Elizabet

26

EDC994011415001182

Intérprete de linguaxe de signos

ED

Aulas de E.E. Centro Público Provincial

(A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

104

Itinerante

44

***2608**

Andrade Seoane, Laura Irene

41

EDC994011415001272

Intérprete de linguaxe de signos

ED

Aulas de E.E. Centro Público Provincial

(A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

104

Itinerante