A Consellería de Política Social e Igualdade convocou no ano 2023 a Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS214A).
O Diario Oficial de Galicia número 82, do 28 de abril de 2023, publica a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 21 de abril de 2023 de asignación de concerto social da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 (código de procedemento BS214A).
De conformidade co artigo 37.4 da Orde do 27 de febreiro de 2023 a revisión dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente e que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Así, con data do 21 de agosto de 2025, ao abeiro do artigo 37.1.b) da Orde do 27 de febreiro de 2023, a persoa titular da Dirección Xeral con competencias en materia de persoas maiores e atención sociosanitaria, a dita resolución de revisión dos módulos económicos establecidos na antedita Orde do 27 de febreiro de 2023.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 21 de agosto de 2025 de revisión dos módulos económicos establecidos na Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS214A).
Segundo. Comunicar que a Resolución do 21 de agosto de 2025 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2025
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Resolución do 21 de agosto de 2025 de revisión dos módulos económicos establecidos na Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS214A).
O Diario Oficial de Galicia número 49, do 10 de marzo de 2023, publica a Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS214A).
O Diario Oficial de Galicia número 82, do 28 de abril de 2023, publica a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 21 de abril de 2023 de asignación de concerto social da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 (código de procedemento BS214A).
O artigo 37.1.b) da Orde do 27 de febreiro de 2023 establece que os módulos económicos poderán ser revisados cando se produza unha variación nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social, conforme o incremento anual do índice xeral do IPC respecto do exercicio anterior, e en todo caso, á alza.
A disposición derradeira primeira da Orde do 27 de febreiro de 2023 referida ao réxime supletorio establece que no caso de dúbidas ou lagoas, para o non previsto neste decreto nin nas condicións establecidas para cada concerto social, para a execución destes observaranse as regras e os principios da normativa en materia de contratación pública que sexan compatibles con esta modalidade de xestión.
O artigo 90.3. do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, relativo ao sistema de revisión de prezos establece que cando o índice de referencia que se adopte sexa o índice de prezos de consumo elaborado polo Instituto Nacional de Estatísitica ou calquera dos índices dos grupos, subgrupos, clases ou subclases que nel se integran, a revisión non poderá seuperar o 85 por cen de variación experimentada polo índice adoptado.
De conformidade co artigo 37.1.b) da Orde do 27 de febreiro de 2023 e o artigo 90.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos dos acordos de acción concertada para a xestión integral da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027.
O incremento diferencial do financiamento será de 160.014,14 euros para as anualidades 2025, 2026 e 2027 segundo a seguinte desagregación por entidade e centro:
|
Entidade |
Centro |
2025 |
2026 |
2027 |
Total |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer Afal Ferrolterra |
Centro de día de alzhéimer de Ferrol |
7.194,00 € |
10.725,60 € |
3.531,60 € |
21.451,20 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo Afalu |
Centro de día de alzhéimer de Lugo |
7.194,00 € |
10.725,60 € |
3.531,60 € |
21.451,20 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias do Morrazo Afamo |
Centro de día de alzhéimer de Moaña |
7.194,00 € |
10.725,60 € |
3.531,60 € |
21.451,20 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Pontevedra Afapo |
Centro de día de alzhéimer de Pontevedra |
6.289,80 € |
9.377,52 € |
3.087,72 € |
18.755,04 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo Afalu |
Centro de día de alzhéimer de Ourense |
5.544,00 € |
8.265,60 € |
2.721,60 € |
16.531,20 € |
|
Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer Agadea |
Centro de día de alzhéimer de Ribeira |
6.289,80 € |
9.377,52 € |
3.087,72 € |
18.755,04 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) |
Centro de día de alzhéimer de Vigo |
9.443,28 € |
14.079,07 € |
4.635,79 € |
28.158,14 € |
|
Cruz Roja Española |
Centro de día de alzhéimer Celeiro-Viveiro |
4.514,40 € |
6.730,56 € |
2.216,16 € |
13.461,12 € |
|
Total |
53.663,28 € |
80.007,07 € |
26.343,79 € |
160.014,14 € |
|
Este incremento financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.05.312D.228.1.
Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:
|
Prezo/praza/día (sen IVE) |
|
|
Atención diúrna |
42,45 € |
|
Programa alzhéimer |
18,41 € |
|
Transporte |
13,50 € |
Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de maio de 2025 ata o 30 de abril de 2027.
As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos. No caso de se teren remitido liquidacións cos prezos actuais durante o período de efectos desta revisión, deberase acompañar a regularización das cantidades liquidadas conforme os novos prezos.
Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional terceira da Orde do 27.2.2023; DOG núm. 49, do 10 de marzo). Antonio Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
