DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 5 de setembro de 2025 Páx. 48392

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas (inglés), grupo I, do Convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 19 de maio de 2025 (DOG do 2 de xuño e BOE do 23 de xuño) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas (inglés), grupo I, do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión, cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela