DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 30 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se comunica a renovación automática das licenzas correspondentes aos servizos de comunicación audiovisual radiofónicos.

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 153, do martes 12 de agosto de 2025, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 43986 do anexo I, onde di: «87 Ferrol 105,5», debe dicir: «87 Ferrol 105,4».

Na páxina 43986, onde di: «Licenzas de servizo de comunicación audiovisual radiofónica cuxa renovación non é posible por incumprimento dos requisitos establecidos no artigo 29.2», debe dicir: «Licenzas de servizo de comunicación audiovisual radiofónica cuxa renovación non é posible por incumprimento dos requisitos establecidos no artigo 29.2, da Lei 13/2022, do 7 de xullo, xeral de comunicación audiovisual».

Na páxina 43987, onde di: «Licenzas de servizo de comunicación audiovisual radiofónica cuxa renovación non é posible por incumprimento dos requisitos establecidos no artigo 29.2», debe dicir: «Licenzas de servizo de comunicación audiovisual radiofónica cuxa renovación non é posible por incumprimento dos requisitos establecidos no artigo 29.2, da Lei 13/2022, do 7 de xullo, xeral de comunicación audiovisual».