DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48698

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2025 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, en virtude de probas selectivas pola quenda de promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 30 de abril de 2024 (DOG do 13 de maio), para o ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de promoción interna, e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. No anexo da resolución relaciónanse as persoas nomeadas e os destinos adxudicados.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Adxudicación de destinos

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***0004**

Gómez Serrapio, Cristina Isabel

PF000192

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Xeral

A2

21

Mañá

Compostela

2

***5370**

Domínguez Román, María Belén

PF000190

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Xeral

A2

21

Mañá

Compostela

3

***0836**

Pérez Santos, Raquel

PF000200

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Concepción Arenal

A2

21

Tarde

Compostela

4

***3379**

Villar Lemos, Cristina

PF001076

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Facultade de Xeografía e Historia

A2

21

Tarde

Compostela

5

***9457**

González Río, Miguel

PF001077

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Concepción Arenal

A2

21

Xornada a tempo completo

Compostela

Sábados, domingos e festivos, das 10.00 ás 19.30 horas

6

***8693**

López Neira, Pedro

PF000199

Axudante de biblioteca.

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

A2

21

Tarde

Lugo