DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48694

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023, relativo á baremación definitiva dos méritos do concurso e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas.

Mediante a Resolución do 18 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 203, do 25 de outubro), fixéronse públicas as puntuacións provisionais do proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de concurso, na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, dispón que contra os resultados da baremación provisional, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada as persoas aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e a relación de persoas aspirantes seleccionadas, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que todas as persoas aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo ás puntuacións definitivas de méritos do concurso obtidas polas persoas aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación das persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e as persoas aspirantes seleccionadas.

Terceiro. De conformidade coa base 9.3) da convocatoria, e de acordo co artigo 16.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, as persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo desta resolución dispoñerán do prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría nas condicións da oferta de prazas que se detallan no anexo I da resolución do 25 de maio de 2023.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

De acordo coa base novena da Resolución do 11 de maio de 2023, as persoas aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participaren no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

No suposto de aspirantes que non poidan acreditar a capacidade funcional por encontrarse en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez en virtude dunha resolución que prevé a revisión por melloría, ou que ten sido impugnada, o/a aspirante poderá achegar a documentación que acredite a recuperación da capacidade funcional ata o momento en que remate o prazo fixado para a revisión ou se dite a correspondente resolución, continuando a súa participación no proceso desde ese momento, logo de acreditación da recuperación da capacidade funcional.

Cuarto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Quinto. Comprobada a documentación das persoas aspirantes seleccionadas, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas e indicará o prazo e procedemento para a elección dos destinos ofertados.

Sexto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionados/as

Médico/a de urxencias hospitalarias

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

1

***6199**

GONZÁLEZ MARTOS, ÚRSULA MARÍA

LI

5,000

12,610

22,000

4,000

2

***5424**

ABAD CIVES, MARÍA LAURA

LI

5,000

12,000

21,600

3,740

3

***1580**

MOLANO ZARATE, RUBÉN EDUARDO

LI

2,500

13,500

22,000

4,000

4

***7381**

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, CRISTINA

LI

5,000

12,080

22,000

2,800

5

***8048**

CASTIÑEIRA PÉREZ, SANDRA

LI

5,000

10,535

22,000

2,800

6

***1045**

CANSECO SUÁREZ, XAVIER

LI

3,125

14,000

19,400

2,800

7

***7251**

ÁLVAREZ-BUYLLA FALCES, MARTA

LI

5,000

12,080

19,200

2,800

1

***6608**

SÁNCHEZ BLANCO, BEATRIZ

PI

5,000

14,000

22,000

4,000

2

***4858**

CAMBA MATOS, SANDRA

PI

5,000

13,000

5,440

4,000

Acceso: LI: Libre; PI: Promoción interna

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.