DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de agosto de 2025, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na liquidación do contrato de alugamento do expediente PO-2001NR01, conta 71.

Por resultar descoñecido o enderezo da persoa interesada, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 21 de agosto de 2025

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

PO-2001NR01:71

77412006D

Liquidación por resolución de contrato