Mediante a Resolución desta dirección xeral do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 98, do 25 de maio) realizouse a convocatoria do proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de pediatra de atención primaria. Este proceso selectivo foi convocado en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde.
Así mesmo, na Resolución desta dirección xeral do 29 de febreiro de 2024 (DOG núm. 55, do 18 de marzo) publicouse o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nese proceso selectivo.
A base 10.3 da resolución da convocatoria establece que «a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso. Neste suposto, o órgano convocante seleccionará e nomeará persoal estatutario fixo da categoría novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva da categoría entre aqueles aspirantes que elixisen os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do aspirante que non se incorporou ao servizo activo».
Realizado o proceso de elección de destino da categoría de pediatra de atención primaria, logo da Resolución de nomeamento do 29 de febreiro de 2024, resultando prazas vacantes e ao abeiro da Resolución do 11 de maio de 2023, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso selectivo, e segundo o establecido na base 10.3 da resolución de convocatoria realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes na categoría de pediatra de atención primaria ás persoas aspirantes incluídas inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
De acordo coa convocatoria, quedaron sen efecto todas as actuacións das persoas aspirantes seleccionadas que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, non resultaron adxudicatarias de ningún destino polo que optaron ou renunciaron a dita elección.
Tamén se recolle na base novena que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
As actuacións destas persoas aspirantes no concurso quedan anuladas e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación.
Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de pediatra de atención primaria ás persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.
Adxudicarlles á estas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.
Terceiro. Declarar finalizado o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.
Cuarto. Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».
Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:
a) Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.
A falta de incorporación ao destino nesas condicións e prazo, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.
b) Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de pediatra de atención primaria, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpra os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.
Aqueles/as seleccionados/as neste proceso que tomen posesión como pediatra de atención primaria serán excluídos/as dos procesos de selección temporal nos que estea inscrito/a no Servizo Galego de Saúde.
Quinto. Tras a oferta das prazas de pediatra de atención primaria que resultaron vacantes logo da Resolución de nomeamento do 29 de febreiro de 2024, quedan sen cubrir, tras a finalización deste proceso, as seguintes que se relacionan:
|
Centro directivo |
Centro |
Quenda |
Nº prazas |
|
A.S. da Coruña e Cee |
Fisterra |
Mañá |
1 |
|
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Viveiro |
Mañá |
1 |
|
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Cervo |
Mañá |
1 |
|
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
O Barco |
Mañá |
1 |
|
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Verín |
Mañá |
1 |
|
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Lalín |
Tarde |
1 |
|
A.S. de Vigo |
Tui |
Tarde |
1 |
Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e a prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expedient-e e foi debidamente validada.
Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025
A directora xeral de Recursos Humanos
P.D. (Acordo do 29.7.2025)
Begoña Caamaño del Castillo
Subdirectora xeral de Xestión de Profesionais
ANEXO I
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos
|
DNI |
Apelidos e nome |
Centro directivo |
Centro |
Quenda |
|
***8995** |
DOVAL ORDOÑEZ, CRISTINA |
A.S. da Coruña e Cee |
Ponteceso-Corme |
Mañá |
|
***7134** |
FERVENZA CORTEGOSO, CATARINA |
A.S. de Pontevedra e O Salnés |
O Grove |
Mañá |
|
***0560** |
GRAÑA SILVA, FATIMA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Valga |
Mañá |
|
***3591** |
NIÑO GRUEIRO, INES |
A.S. da Coruña e Cee |
O Ventorrillo |
Desprazable |
|
***9244** |
VIZ RODRIGUEZ, GLORIA |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Silleda-Vila de Cruces |
Mañá |
|
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro. |
||||
