DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48593

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR323C).

O Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os Regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle determinadas intervencións para o desenvolvemento rural que perseguen os obxectivos xerais e específicos da PAC.

O Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013 establece normas relacionadas coa política agrícola común.

Conforme o citado Regulamento (UE) 2021/2115, o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, foi aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión C(2022) 6017 final do 31 de agosto de 2022 e modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C(2024) 6133 final, do 30 de agosto de 2024.

No devandito plan establécense normas en materia de financiamento dos gastos da PAC e sobre os sistemas de xestión e control que han de establecer os Estados membros e inclúe as intervencións que se aplicarán no 2023-2027 para dar resposta ás necesidades do campo español e así alcanzar os obxectivos da PAC e a ambición do Pacto Verde Europeo.

Entre estas intervencións atópase a 68411 de axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais e benestar animal. Dentro desta intervención, na Comunidade Autónoma de Galicia incluíuse unha subintervención para proxecto de explotación conxunta de instalacións e equipamentos en común.

A nivel estatal, coa finalidade de realizar unha correcta implantación e xestión das intervencións incluídas no PEPAC de España para o período 2023-2027 publicouse unha serie de normas que teñen o seu vértice na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, que inclúe as penalizacións e sancións ás persoas beneficiarias.

Tamén cabe citar o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, en que se establecen disposicións sobre os controis que se deben de levar a cabo para o conxunto de intervencións respecto das solicitudes de axuda e as solicitudes de pagamento.

Así como o Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027, no cal se establecen os supostos de aplicación de penalizacións.

A Autoridade de Xestión informou favorablemente esta orde, no que respecta ao cumprimento do establecido no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, convocándoas para o ano 2025 en réxime de concorrencia competitiva, incluíndo a seguinte intervención contida no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC):

– Intervención 68411 «Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais».

• Subintervención 68411_03 Equipamentos en común.

Esta intervención regúlase mediante o procedemento administrativo MR323C axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo de Galicia.

Estas axudas teñen como finalidade:

– Contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, entre outras cousas reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sustentable.

– Promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente de recursos naturais como a auga, o solo e o aire, por exemplo, reducindo a dependencia química.

Artigo 2. Requisitos das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias que desexen acceder ás axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser unha cooperativa agraria formada por persoas titulares de explotacións agrarias.

b) Non ter a consideración de empresa en crise. Considérase que as empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, punto 18) do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

c) Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico.

d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.

e) Manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario, ou 3 anos no caso pemes.

f) Cumprir cos requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Investimentos elixibles

1. Serán elixibles os investimentos produtivos que teñan como obxectivo contribuír a:

a) Accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático.

b) Investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, solo e aire.

c) Mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes.

d) Investimentos para a mellora do benestar animal.

e) Investimentos en medidas de bioseguridade nas explotacións agrarias.

En concreto, serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións:

– A reforma ou construción de instalacións que supoñan a mellora das condicións agroambientais, hixiénico-sanitarias e de benestar dos animais que vaian máis aló dos requisitos obrigatorios; o almacenamento de esterco, instalación de sistemas alternativos que permitan reducir a carga de fósforo e nitróxeno e cuxo produto interactúe e mellore a estrutura do solo ou sistemas que melloren a eficiencia no uso de fertilizantes nitroxenados; a diminución do consumo de enerxía ou de auga; a mellora dos sistemas de ventilación e illamento das explotacións gandeiras; a produción de enerxías renovables e bioenerxía para o seu uso nas explotacións agrícolas; o cumprimento de novas normas obrigatorias da Unión Europea; a redución da erosión do solo; ou a mitigación dos desastres naturais e riscos climáticos, e mecanismos de prevención contra os efectos adversos dos fenómenos extremos relacionados co clima.

– Compra de construcións agrarias en desuso.

– A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73(3)(c) do Regulamento (UE) 2021/2115 (ata o límite do 10 % do investimento elixible).

– Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados anteriormente poderán comprender gastos xerais tales como honorarios dos técnicos que elaboren os proxectos de construción ou reforma, licenzas de software ou outros permisos.

2. No caso de investimentos para enerxías renovables, deberanse observar os criterios de sustentabilidade de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro establecidos na Directiva sobre Enerxías Renovables 2018/2001.

3. A produción de enerxía renovable destinarase exclusivamente para o autoconsumo da explotación.

4. Establécese un investimento mínimo subvencionable de 100.000 euros.

5. Non serán subvencionables os seguintes investimentos:

a) A compra de animais e a compra de plantas anuais e a súa plantación.

b) Compra de dereitos de produción agrícola.

c) Compra de dereitos de pagamento.

d) Investimentos en infraestrutura a gran escala, segundo determinen os Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC, que non formen parte das estratexias de desenvolvemento local participativo recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 2021/1060, excepto no caso de banda larga e as accións de prevención de inundacións ou de protección das costas destinadas a reducir as consecuencias de desastres naturais probables, fenómenos climáticos adversos e catástrofes.

e) Os investimentos de simple substitución.

f) A maquinaria de segunda man.

g) Os gastos de conservación e mantemento ou derivados das actividades de funcionamento da explotación.

h) Os montes baixos de ciclo curto.

i) A maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios.

j) A maquinaria de carácter forestal.

k) Investimentos en regadío.

l) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.

m) Os xuros de débeda e os seus gastos.

n) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.

o) Os gastos de procedementos xudiciais.

p) A adquisición de terreos por un importe superior ao 10 % do custo total elixible.

Artigo 4. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 5. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Tramitación e resolución das axudas

1. O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario instruirá os expedientes, realizando, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido pola persoa titular do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario e integrado por tres persoas dese mesmo servizo con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.

4. Notificada a resolución de aprobación da axuda, as persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 7. Notificacións

1. As notificacións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais dende a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 8. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e de denegación, que producirá os efectos da notificación.

Artigo 9. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Non se autorizarán modificacións da resolución de concesión da axuda que supoñan a modificación do obxecto ou finalidade do investimento para o que foi concedida. Tampouco se autorizará a modificación das condicións tidas en conta para fixar os criterios de prioridade establecidos na resolución de concesión.

3. Estas modificacións requirirán a autorización desta consellería que deberá ser solicitada, como máximo, 6 meses antes de que remate o prazo de execución. A solicitude destes cambios será anterior á súa execución e, nos casos en que sexa necesario, irá precedida da correspondente certificación de non inicio ou da acta notarial que acrediten fidedignamente o non inicio. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos e/ou gastos autorizados deberán ter data posterior á dita solicitude ou, se for o caso, á certificación de non inicio ou da acta notarial.

Estes cambios deberán ser autorizados pola persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería.

O prazo para resolver estes cambios será de dous meses. Se, transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se produce, a persoa beneficiaria entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento e/ou gasto.

Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade a totalidade dos investimentos para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e o aprobado, a axuda recalcularase segundo corresponda á redución do investimento.

5. A consellería poderá rectificar, de oficio, a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

6. Os cambios das características técnicas non terán a consideración de modificación a efectos do punto primeiro deste artigo. Estes serán validados na certificación, logo de comprobación de elixibilidade e de moderación de custos.

Artigo 10. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 11. Incompatibilidade das axudas

1. As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido en relación coa incompatibilidade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.

2. No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.

Artigo 12. Incumprimentos, penalizacións e reintegros

1. Procederá o reintegro total do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, ou a parte proporcional que corresponda de acordo ao plan de controis, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Non se aplicará ningunha penalización, nin exclusión, nin se exixirá o reintegro da axuda nos seguintes casos:

a) Cando o incumprimento obedeza a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais previstas no artigo 3 do Regulamento (UE) 2021/2116, do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013; no artigo 4 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común; e no artigo 5 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

b) Cando o incumprimento se deba a un erro da autoridade competente ou doutra autoridade e este erro non puidese ser razoablemente detectado pola persoa afectada.

c) Cando a persoa interesada poida demostrar de forma satisfactoria para a autoridade competente, conforme os datos ou documentos achegados, que non é responsable do incumprimento.

d) Cando o incumprimento se deba a erros manifestos recoñecidos pola autoridade competente, segundo o disposto no artigo 115.2 do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro.

e) Outros casos en que a imposición dunha penalización non sexa adecuada, segundo o disposto no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.

3. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, serán de aplicación as penalizacións previstas no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro. Os incumprimentos dos criterios/requisitos de admisibilidade e compromisos ou outras obrigacións que se produzan con relación coas axudas reguladas nesta orde darán lugar á aplicación de distintas penalizacións en función do tipo de incumprimento de que se trate, atendendo á súa gravidade, alcance, persistencia, reiteración e intencionalidade, tal e como establece o artigo 4 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.

4. Así mesmo, poderase realizar unha devolución voluntaria dos pagamentos empregando o modelo e o procedemento indicado na web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/campana-actual

Artigo 13. Obriga de facilitar información

As persoas interesadas deberán facilitar toda a información que lle sexa requirida pola polo órgano competente da Consellería do Medio Rural, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia e o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

Ademais, deberán proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 123 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

De conformidade co Regulamento (UE) 2021/2116, toda persoa ou entidade que reciba fondos da Unión debe cooperar na protección dos intereses financeiros desta.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 15. Publicidade das axudas

As persoas beneficiarias destas intervencións deberán dar a coñecer a axuda consonte as regras indicadas no anexo III Publicidade.

De conformidade co artigo 99 do Regulamento (UE) 2021/2116, infórmase ás persoas interesadas da publicación dos datos que lles concirnen na lista de operacións seleccionadas para recibir axuda do Feader segundo o previsto no artigo 49 do Regulamento 2021/1060 e de que os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión.

Artigo 16. Medidas antifraude

A aceptación da axuda implica a obriga de asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión da entidade, así como a comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude no ámbito do Feader.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da canle de denuncias da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

Artigo 17. Comezo da subvencionabilidade

Serán subvencionables os investimentos que se realicen con anterioridade a data de presentación da solicitude, sempre que non se executasen na súa totalidade.

En calquera caso, a data de inicio da subvencionabilidade dos gastos efectuados non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2023.

Se os investimentos son obras e/ou instalacións fixas, será necesario un certificado do técnico competente da Consellería do Medio Rural en que se faga constar o non inicio destas ou que non están finalizadas. Neste último caso, a persoa solicitante deberá acreditar a data de inicio dos investimentos.

Este certificado poderá ser substituído por unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra e/ou instalación fixa ou que non están finalizadas, sempre que esta ofreza probas pertinentes e fiables do estado dos investimentos.

Artigo 18. Criterios de selección

As solicitudes de axuda serán ordenadas conforme os criterios de selección establecidos no anexo IV Criterios de selección desta orde de bases debendo cumprir o limiar mínimo para ser admisible.

No caso de que varias solicitudes obtivesen a mesma puntuación, ordenaranse segundo se indica no citado anexo IV Criterios de selección.

Ao tratarse dunha axuda en réxime de concorrencia competitiva, a puntuación para conceder a axuda establecerase en función do orzamento convocado.

A aplicación dos criterios de prioridade farase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda.

Artigo 19. Moderación de custos

A todos os custos subvencionables aplicaráselles un proceso de moderación de custos, tendo en conta o artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, mediante a comparación de tres ofertas diferentes.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 20. Presentación dos permisos administrativos

As obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con ela, de acordo co establecido na normativa urbanística.

Para iso deberán presentar a licenza municipal, como máis tarde, o 30 de setembro de 2026. O mesmo prazo se establece para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial.

O non cumprimento deste requisito suporá a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Artigo 21. Prazo de xustificación e ampliación

1. Todas as persoas beneficiarias deberán executar os investimentos e solicitar o pagamento no prazo máximo de 24 meses desde concesión da axuda.

2. Tendo en conta o anterior, ante a posibilidade de que se executen as actuacións subvencionadas ao longo de diferentes anualidades, establécense os seguintes prazos limite en función de cando se finalice a execución da actuación subvencionada:

a. Para as actuacións finalizadas antes do 1 de novembro de 2025, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15 de novembro de 2025.

b. Para as actuacións finalizadas antes do 1 de novembro de 2026, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15 de novembro de 2026.

c. Para as actuacións finalizadas entre o 1 de novembro de 2026 e os 24 meses desde a concesión, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza ao 24 meses da concesión.

3. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e se con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución.

Tanto a petición das persoas solicitantes como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

En todo caso, o prazo de xustificación, incluía a ampliación, deberá permitir ao órgano outorgante a verificación do cumprimento dos requisitos fixados nestas bases reguladora dentro do exercicio orzamentario correspondente.

4. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que conforme a lei correspondan.

Artigo 22. Porcentaxe e contía máxima da axuda

1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

a. 10 % no caso de proxectos estratéxicos de interese xeral para a comunidade autónoma.

b. 10 % no caso de entidades con máis do 30 % de titulares de explotacións agrarias de produción ecolóxica.

c. 5 % cando máis do 50 % das persoas socias titulares de explotacións agrarias sexan mulleres ou acrediten máis do 50 % do capital social.

2. No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.

3. A contía máxima da axuda establécese en 3.000.000 de euros.

Artigo 23. Anticipos

1. Poderán realizarse pagos anticipados de ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen superar o importe da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 64 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021.

Os pagamentos anticipados supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. Estes pagamentos deberán ser solicitados pola persoa beneficiaria tras a notificación ou publicación da resolución de concesión. O prazo para solicitar un anticipo será de tres meses desde a notificación da concesión da axuda.

A persoa beneficiaria deberá presentar coa solicitude de anticipo a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía. A solicitude de anticipo, solicitarase a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez executadas as operacións relacionadas cos anticipos, as persoas beneficiarias comunicarán, antes do 31 de decembro unha declaración dos gastos que xustifique o uso do anticipo, xunto cos xustificantes de gasto e de pagamento.

2. O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 100 % do importe anticipado.

3. As garantías deberán constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia ou nas súas sucursais, e o órgano en cuxo favor se constituirá será a Consellería do Medio Rural.

4. A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberán alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación.

5. Deberá achegarse xunto coa solicitude de anticipo o xustificante da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. As garantías cancelaranse por acordo do órgano concedente segundo o indicado no artigo 71 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) A data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto da persoa obrigada a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co cal realizase a operación da persoa obrigada a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto da persoa obrigada a expedir factura como da destinataria das operacións.

f) Descrición das operacións, con consignación de todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

k) Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable.

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

3. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación da factura, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento; non se admitirán pagamentos en metálico.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

a) Xustificante bancario do pagamento por parte da persoa beneficiaria (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da beneficiaria que paga e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por parte de terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

CAPÍTULO II
Convocatoria

Artigo 25. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2025, con carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva e de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.

Artigo 26. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

Artigo 27. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se for o caso).

b) Certificado do acordo do consello reitor para solicitar a subvención.

c) Certificado das persoas socias. Identificarase o NIF, nome, sexo e porcentaxe de participación.

d) Certificado en que consten o NIF, nome, sexo e data de elección das persoas que compoñen o seu órgano de goberno.

e) Certificado en que conste a porcentaxe que as persoas socias titulares de explotación van a facer uso do produto relacionado co investimento na súa propia explotación.

f) Balance e contas de resultados da empresa. As pemes deben achegar os do último exercicio, as non pemes os dos dous últimos exercicios.

g) No caso de investimentos en obra civil:

a. Proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico ou equipo técnico competente (polo menos deberá formar parte un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente).

b. Xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras, e calquera outro permiso administrativo necesario, de acordo coa correspondente normativa sectorial.

c. No caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo onde se van realizar os investimentos.

h) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, agás a compra de terreos e edificacións.

b. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, ou que puidese dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

i) Anexo II (comprobación de datos de terceiras persoas interesadas).

j) Certificado do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica que vincule os investimentos ca produción/actividade ecolóxica, no caso de investimentos relacionados con operacións de agricultura ecolóxica.

k) No suposto de adquisición de terreos ou bens inmobles, debe achegarse certificado de taxador independente debidamente acreditado e rexistrado no correspondente rexistro oficial.

l) Memoria técnico-económica, elaborado por técnico ou equipo técnico competente (polo menos deberá formar parte un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente), que especifique a natureza dos investimentos e como estes contribuirán aos obxectivos específicos «contribuír á atenuación do cambio climático e á adaptación aos seus efectos así como á enerxía sustentable», e/ou «promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente dos recursos naturais tales como a auga, o solo e o aire, así como a súa viabilidade».

m) Acreditación do nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais:

a. As persoas xurídicas que, consonte a normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificada polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderá ser substituída pola documentación prevista la letra seguinte.

b. As persoas xurídicas que, consonte a normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada:

i. Certificado emitido por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

ii. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o punto anterior, «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.

Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición final sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 28. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Domicilio fiscal.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

h) Vida laboral da empresa.

i) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE).

j) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

k) Concesión de subvencións e axudas.

l) DNI/NIE da/das persoa/s que elabore/n a memoria técnico-económica.

m) Títulos oficiais universitarios da/das persoa/s que elabore/n a memoria técnico-económica e o proxecto técnico, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 29. Xustificación e pagamento da axuda

1. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa».

2. As solicitudes de pagamento da axuda deberán acompañarse dos seguintes documentos:

a. Facturas e xustificantes de pagamento.

b. De existir obra civil e/ou investimentos que precisasen de licenza municipal: certificación final de obra, se é precisa e, no caso de variacións sobre o proxecto, informe do concello correspondente en que indique si as variacións afectan ou non a licenza concedida.

3. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas.

4. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 100.000 euros de investimento, iniciándose o procedemento de perda do dereito ao cobramento.

5. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade os investimentos para os cales ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pago os investimentos polos que a solicita, recalculándose a axuda segundo corresponda á redución do investimento.

6. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo perseguido no momento da solicitude. De non ser así, poderase iniciar o procedemento de perda do dereito ao cobramento.

Artigo 30. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas nesta orde, cofinanciadas nun 60 % con fondos Feader, nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia, efectuarase con cargo a aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 15.04.712B.772.0 (código de proxecto 2024 00096), cun importe para o ano 2025 de 410.000 euros, para o ano 2026 de 1.640.000 euros e para o ano 2027 de 2.045.000. En total, 4.095.000 euros.

2. O crédito desta aplicación orzamentaria poderase incrementar, nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

Nos aspectos non recollidos nesta orde haberá que aterse ao disposto na seguinte normativa:

Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico da política agrícola común e outras axudas da política agrícola común.

Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

Regulamento de execución (UE) 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común.

Regulamento de execución (UE) nº 2022/1475, do 6 de setembro de 2022, da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.

Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

Regulamento delegado (UE) 2022/127 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, que completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello con normas relativas aos organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro.

Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das Intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, Publicidade e Visibilidade.

Plan galego de controis, Intervencións PEPAC 2023-2027-Réxime Feader non SIXC.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Protección de datos

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición adicional cuarta. Aprobación condicionada

Esta convocatoria e as súas bases reguladoras quedan condicionadas á aprobación da terceira modificación do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 mediante Decisión de execución da Comisión.

Disposición transitoria. Criterios de selección de operacións

Os criterios de selección de operacións a aplicar nesta convocatoria están condicionados á súa aprobación por parte do Comité de Seguimento do PEPAC.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Publicidade

1. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.

As persoas beneficiarias das intervencións do PEPAC en Galicia deberán dar a coñecer a axuda consonte as seguintes regras:

a) Con carácter xeral, todas as actividades de información e publicidade que se leven a cabo por parte das persoas beneficiarias deberán destacar o apoio dos fondos á operación incorporando:

a. O Logo da Xunta de Galicia.

b. O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea», que figurará sen abreviar.

c. O logotipo xeral oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d. Referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

b) Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web e/ou contas oficiais nas redes sociais, deberá incorporar ademais do disposto no punto anterior, unha breve descrición da operación que recibe os fondos europeos, de maneira proporcionada ao nivel da axuda, e indicará os seus obxectivos e resultados.

c) No caso de operacións consistentes no financiamento de infraestruturas ou actividades de construción, que se beneficien dunha axuda superior a 500.000 € en gasto público total ou no caso de axuda en forma de instrumentos financeiros, incluído o financiamento de capital circulante, que supere o citado importe, o beneficiario deberá colocar unha placa ou valla publicitaria resistente, coas características especificadas na epígrafe 3.b), nun lugar ben visible para o público e desde o inicio da execución física das operacións ou da instalación dos equipos adquiridos.

d) No caso de investimentos cunha axuda pública total superior aos 50.000 €, o beneficiario deberá colocar, nun lugar ben visible para o público, unha placa explicativa ou unha pantalla electrónica equivalente.

e) Cando varias operacións teñan lugar no mesmo emprazamento e estean apoiadas polo mesmo ou por diferentes instrumentos de financiamento, ou cando se proporcione financiamento adicional para a mesma operación nunha data posterior, bastará coa exhibición dunha placa ou cartel.

f) Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben no que, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha localización adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por adhesivos ou impresións.

2. SIGNOS DE IDENTIDADE.

a) LOGOTIPO AUTONÓMICO.

O conxunto do escudo e a Xunta de Galicia, coa súa tipografía corporativa (Xunta Sans), constitúen a marca gráfica principal.

Posto que na xestión dos fondos Feader participan diferentes consellerías e entidades públicas autonómicas, empregarase o logotipo xenérico da Xunta de Galicia, sen mención da Consellería ou entidade.

missing image file

Para garantir a visibilización e lexibilidade da marca, esta deberá ter unha altura mínima de 7 mm/20 px e contará cunha área de protección ao redor desta no cal non poderá incluírse outro elemento. Esta zona de protección tomará como referencia a altura do escudo:

missing image file

A versión da marca principal aplicarase en cor sempre que se poida e só sobre fondos brancos.

A versión en negativo non sofre ningún tipo de variación, só o cambio de cor a branco.

Na versión en cor, o símbolo corporativo é cian 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos. Na versión en branco e negro, o símbolo corporativo é negro 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos.

b) UNIÓN EUROPEA.

a. O emblema.

O emblema consiste nunha bandeira rectangular, na cal, sobre un fondo de cor azul, doce estrelas douradas de cinco puntas, cuxas puntas non se tocan entre si, forman un círculo, que representa a unión dos pobos de Europa.

missing image file

A lonxitude da bandeira equivale a unha vez e media a súa altura. As doce estrelas douradas equidistantes forman un círculo imaxinario cuxo centro se sitúa no punto de intersección das diagonais do rectángulo.

missing image file

O raio do círculo equivale a un terzo da altura da bandeira. Cada unha das estrelas de cinco puntas está situada na circunferencia dun círculo imaxinario cuxo raio equivale a 1/18 da altura da bandeira. Todas as estrelas están en posición vertical, isto é, cunha punta dirixida cara arriba e outras dúas sobre unha liña recta imaxinaria, perpendicular á hasta da bandeira. A disposición das estrelas correspóndese coa das horas na esfera dun reloxo, e o seu número é invariable.

As cores do emblema son as que figuran á esquerda: o PANTONE REFLEX BLUE para a superficie do rectángulo e o PANTONE YELLOW para as estrelas.

Cando se imprime en cuatricromía, empregaranse as catro cores desta para obter as dúas cores normalizadas. O PANTONE YELLOW obtense utilizando un 100 % de Process Yellow. A mestura dun 100 % de Process Cyan e un 80 % de Process Magenta permite obter unha cor moi próxima ao PANTONE REFLEX BLUE.

Na paleta empregada na web, o PANTONE REFLEX BLUE corresponde á cor RGB: 0/51/153 (hexadecimal: 003399), e o PANTONE YELLOW, á cor RGB: 255/204/0
(hexadecimal: FFCC00).

Se só se pode reproducir en monocromía:

Se a única cor dispoñible é o negro, deberá delimitarse a superficie do rectángulo cun borde negro e estampar as estrelas, tamén en negro, sobre fondo branco.

missing image file

Se o azul (Reflex Blue) é a única cor dispoñible, empregarase este como cor de fondo ao 100 %, e reproduciranse as estrelas en negativo branco.

missing image file

Debe garantirse un contraste suficiente entre o emblema europeo e o fondo. Por isto, o emblema debe reproducirse preferentemente sobre fondo branco, evitando cores variados, especialmente os que non combinen ben co azul.

missing image file

Cando non sexa posible evitar un fondo de cor, rodearase o rectángulo cun borde branco de grosor equivalente a un 1/25 da altura do rectángulo e as estrelas tamén irán en branco.

missing image file

b. Combinación do emblema europeo coa declaración de financiamento.

A declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea» figurará sen abreviar e xunto ao emblema. Empregarase o tipo de letra Tahoma. O tamaño deberá ser proporcional ao tamaño do emblema. A cor da letra será azul réflex, negro ou branco, en función do fondo. Non se utilizará a cursiva, subliñado nin outros efectos.

A posición do texto con respecto ao emblema será tal que non interfira en modo algún con el.

A. OPCIÓN HORIZONTAL.

missing image file

Sobre fondo branco.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising, o con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles:

missing image file

Se só hai dispoñible una cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

B. OPCIÓN VERTICAL.

missing image file

Sobre fondo brando.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising, o con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles.

missing image file

Se so hai dispoñible unha cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

C. OPCIÓN BILINGÜE.

missing image file

Non se recomenda o uso dunha versión bilingüe cando o emblema europeo é pequeno. A altura mínima do emblema para esta versión debe ser de 2 cm.

missing image file

c. Área de protección.

A área de protección non debe reproducir outros textos, logotipos, imaxes nin ningún outro elemento visual que poida comprometer a boa lexibilidade do emblema europeo.

missing image file

d. Tamaño mínimo.

A altura mínima do emblema europeo debe ser de 1 cm.

Cando se empregue a declaración de financiamento da UE en tamaño pequeno, recoméndase empregar a versión horizontal.

missing image file

e. O que non se debe facer.

O emblema non se poderá modificar nin combinar con ningún outro logotipo, elemento gráfico o texto. No caso de exhibir outros logotipos ademais do emblema, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura ou anchura, que o maior dos demais logotipos. Á parte do emblema, non se empregará ningunha outra identidade visual ou logotipo para poñer de relevo a axuda da Unión.

Non engada outros elementos gráficos.

Non faga o texto desproporcionadamente máis grande ou máis pequeno.

Non empregue outro tipo de letra que non sexa Arial, Auto, Calibri, Garamond, Tahoma, Trebuchet, Ubuntu ou Verdana.

Non empregue ningún efecto do tipo de letra escollido.

Non empregue cores distintas ao Reflex Blue, o branco ou o negro.

Non modifique a proporción do texto

Non escriba as siglas «UE». Sempre debe escribirse na súa forma completa: Unión Europea.

Non o escriba todo en maiúsculas.

Non substitúa o emblema europeo polo logotipo da Comisión Europea.

Non substitúa o emblema europeo por ningún outro elemento gráfico.

Non modifique o emblema europeo.

Non engada a denominación do programa á declaración de financiamento.

Non escriba a denominación do programa en conxunción co emblema europeo.

Non engada elementos gráficos coa denominación do programa da UE.

Para información relacionada co uso do emblema europeo:

https://europa.eu/european-union/abouteuropa/legal_notices_en#emblem

c) LOGOTIPO DO MINISTERIO.

A súa utilización vai asociada a aquelas intervencións en que existe financiamento por parte do ministerio.

Empregarase o logotipo composto polo Escudo de España, xunto coa denominación «Gobierno de España» e a do «Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación», usando a tipografía Gill Sans, con forma envolvente en cor de fondo amarelo, para soportes gráficos (cartel, prensa etc.), tal e como figura abaixo:

missing image file

Para soportes dixitais (páxinas web, banner etc.) empregarase o seguinte logotipo:

missing image file

d) ORDE E DISPOSICIÓN DE LEMAS E EMBLEMAS.

Os emblemas deberán estar aliñados en calquera caso e deberán ter dimensións homoxéneas.

A marca da Xunta de Galicia colorase sempre á esquerda e separarase do resto de elementos por unha distancia mínima igual á lonxitude da marca principal.

A separación entre o resto de marcas será igual ao ancho do escudo.

No caso de convivencia con outras institucións de rango superior, aplicarase o mesmo criterio que no punto anterior, aínda que axustando ao que establezan os manuais de marcas desas institucións.

e) RECOMENDACIÓNS.

Cando se reproduzan os emblemas é importante ter presentes as seguintes recomendacións:

• Non desfigurar a imaxe, coidando que as escalas horizontal e vertical sexan as regulamentarias.

• Non xirar as imaxes, prestando especial atención á correcta orientación das estrelas.

• Non modificar as proporcións que os distintos elementos deben respectar entre si.

O aquí recollido sobre o uso de logotipos deberá respectar en todo caso os posibles cambios de denominación das unidades ministeriais ou autonómicas citadas.

Será de aplicación o disposto no manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia e na normativa de aplicación vixente en cada momento.

3. MODELOS.

a) CUESTIÓNS COMÚNS.

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar adaptaranse ao disposto nesta epígrafe.

A parte destinada ao emblema da Unión Europea e a declaración, a denominación do fondo, o plan estratéxico, ademais da descrición do proxecto ou operación debería ocupar, como mínimo, o 25 % do deseño.

O Logo da Xunta de Galicia ocupará o ancho do soporte cun marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

O título do proxecto a executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título. Os modelos expostos recollen o contido mínimo, porén, o instrumento empregado debería recoller toda a información posible, tendo en conta o tamaño deste.

O resto de logos deberán situarse na parte inferior do cartel cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

CORES E TIPO DE LETRA.

Cor fondo 1

RGB:0/123/196

Pantone 7461 C

Cor fondo 2

RGB: 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra declaración, Feader e PEPAC

Tahoma

DIMENSIÓNS.

PLACA

CARTEL

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

130 cm

-

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non sendo admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

Os elementos publicitarios deben manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

b) VALO PUBLICITARIO.

missing image file

c) PLACA.

missing image file

d) CARTEL.

missing image file

e) ADHESIVOS OU ETIQUETAS.

missing image file

ANEXO IV
Criterios de selección

68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais

Subintervención 68411_03 Equipamentos en común

Criterio

Puntuación

Asociacionismo de titulares de explotacións agrarias

– 100 % das persoas socias son titulares dunha explotación agraria: 5 puntos.

– Entre o 80 % e menos do 100 %: 4 puntos.

– Entre o 60 % e menos do 80 %: 3 puntos.

– Entre o 40 % e menos do 60 %: 2 puntos.

– Entre o 20 % e menos do 40 %: 1 punto.

– Menos do 20 %: 0 puntos.

Interpretación

Dáselles prioridade as cooperativas que están constituídas unicamente por persoas titulares dunha explotación agraria en activo.

Carácter colectivo do investimento, entendido como a xeración dun produto que será empregado polos titulares das explotacións agrarias asociadas

– O 100 % do produto é destinado as persoas socias: 5 puntos.

– Entre o 80 % e menos do 100 %: 4 puntos.

– Entre o 60 % e menos do 80 %: 3 puntos.

– Entre o 40 % e menos do 60 %: 2 puntos.

– Entre o 20 % e menos do 40 %: 1 punto.

– Menos do 20 %: 0 puntos.

Interpretación

Refírese, por exemplo:

– Unha cooperativa que produce recría, se recría unicamente as xovencas das persoas socias titulares de explotacións, levará 5 puntos;

– Ou unha cooperativa que produce leitóns ou poliños para enviar ás explotacións socias.

Non tería puntuación situacións como:

– Un investimento en paneis solares nunha cooperativa que dá servizo de maquinaria ou de fábrica de pensos

– Unha cooperativa que produce leite, xa que ese leite non vai ser empregado polas explotacións socias.

Localización do investimento nunha zona de montaña

3 puntos.

Órgano de goberno cunha porcentaxe de mulleres igual ou superior ao 50 %

2 puntos.

Localización do investimento nunha zona distinta á de montaña.

1 punto.

A puntuación máxima dunha solicitude será de 15 puntos.

O limiar mínimo para ser subvencionable será de 3 puntos, cun mínimo de dous criterios.

Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos, o maior importe dos investimentos elixibles. De persistir en empate, empregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3-zona 2 e, por último, a zona 1).