DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños con números 253 e 599-B.

Mediante este anuncio faise público que, mediante a Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 13 de agosto de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 253 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 143,13 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG número 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 599-B dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 351,45 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG número 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actual titular: Antonio Franco Giráldez (***3424**).

Novas titulares: Iria Franco Mollinedo (***7807**), María Rebeca Franco Mollinedo (***7790**) e Alba Franco Mollinedo (***7807**).

As novas titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Vigo, 14 de agosto de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo