En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, en relación ao artigo 179 do RDPH, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de investigación de augas subterráneas:
Solicitante: Concello de Abegondo.
Orixe: 5 sondaxes.
Sondaxes no contorno de Beche (rego Roufrío)
|
X (ETRS-89) |
Y (ETRS-89) |
Parroquia (concello) |
|
|
P1 |
556344 |
4781093 |
Vizoño (Abegondo) |
|
P2 |
556547 |
4781267 |
Folgoso (Abegondo) |
|
P3 |
556401 |
4781344 |
Folgoso (Abegondo) |
|
P4 |
556374 |
4781402 |
Folgoso (Abegondo) |
Sondaxe no contorno do rego Manteiga (ou San Bartolomé)
|
X (ETRS-89) |
Y (ETRS-89) |
Parroquia (concello) |
|
553813 |
4780370 |
Montouto (Abegondo) |
Masa subterránea: Mero-Mandeo (código ES014MSBT014-010).
Destino: abastecemento á poboación.
Descrición:
O Concello de Abegondo solicita realizar unha investigación de augas subterráneas a partir da perforación de 5 sondaxes e así poder estudar as propiedades hidráulicas dos materiais do subsolo, de xeito que permitan avaliar a posibilidade de captar auga en cantidade e calidade suficiente para o consumo humano.
As catro primeiras sondaxes realizaranse no contorno do encoro de Beche e no río Roufrío, co fin complementar a traída municipal ante problemas de garantía de subministración en cantidade e/ou calidade. Tamén propón unha sondaxe no contorno do rego de Manteiga ou San Bartolomé, co fin de abastecer catro lugares da parroquia de Montouto (A Casanova, O Couto, A Fraga e O Franco).
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 da Coruña (A Coruña); para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 7 de agosto de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
