Na sesión que tivo lugar o 27 de agosto de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de marzo de 2025 (DOG núm. 54, do 19 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar na súa totalidade as alegacións ás notas do primeiro exercicio recibidas, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 18 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 9 da Escola Galega de Administración Pública, na rúa Madrid, núm. 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025
María Polo Piñeiro
Presidenta do tribunal
