DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de industria láctea de produción de queixos procesados no parque empresarial de Castro Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo) (expediente 2025/0023).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 25 de agosto de 2025 sobre o proxecto de industria láctea de produción de queixos procesados no parque empresarial de Castro Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo), promovido por Dairy Food Spain, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
P.D. (Acordo do 7.8.2025)
Alejandro Carrera López
Subdirector xeral de Avaliación Ambiental