Expediente: IN407A 2022/229-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-O Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96.
Concello: Ordes.
1. Antecedentes.
O 9.8.2022 UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou as autorizacións administrativas previa, de construción e de declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica do proxecto de referencia, co fin de corrixir situacións non regulamentarias en diferentes vans da liña de distribución LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-O Mesón do Vento (expediente 5.912), que une a subestación Sigüeiro (UFD) coa subestación O Mesón do Vento (UFD), situados nos concellos de Oroso e Ordes.
A Xefatura Territorial da Coruña autorizou e declarou a utilidade pública do proxecto por Resolución do 16.11.2023.
Unha vez autorizado o proxecto e finalizados os trámites expropiatorios para o inicio das obras, comprobouse a existencia dun peche entre os predios afectados pola servidume de paso aérea da liña eléctrica. Este peche imposibilita o tránsito da maquinaria necesaria para a realización da obra.
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
O artigo 108, punto 2, da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, sinala:
«A Administración, así como as persoas ou entidades que se subrogasen nos seus dereitos, poderán ocupar temporalmente os terreos propiedade do particular, nos casos seguintes:
(…)
2. Para establecer estacións e camiños provisionais, talleres, almacéns, depósitos de materiais e calquera outros máis que requiran as obras previamente declaradas de utilidade pública, así polo que se refire á súa construción como á súa reparación ou conservación ordinarias».
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria ocupación temporal figura no anexo que se xunta con este acordo.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello.
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 14 de agosto de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-O Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias
entre a AP.8 e a AP.96
|
Parcela |
Propietario/titular |
Referencia catastral Natureza do terreo |
Afección de pleno dominio apoio |
Ocupación temporal |
||
|
Nº do apoio |
Superf. (m²) |
Accesos |
Montaxe |
|||
|
5 |
Rogelio Martínez Gómez |
Pedreira Referencia catastral: Polígono 512 Parcela: 1123 Labradío |
93N |
316,97 |
576 |
|
|
9 |
Descoñecido |
Pedreira Referencia catastral: Polígono 512 Parcela: 1126 Labradío |
158,73 |
|||
