DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución de apoio 9V3F5ATQ//113-3 da LMTA TUI803 e instalación de RC, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoio 9V3F5ATQ//113-3 da LMTA TUI803 e instalación de RC, que figuran no anexo.

As persoas interesadas poderán presentar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 20 de agosto de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/398-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución de apoio 9V3F5ATQ//113-3 da LMTA TUI803 e instalación de RC.

Concello: Tomiño.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36054A062000540000EX

Descoñecido/a