DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 2024/PLANEAM/000019 (FG número 745).

Na sesión ordinaria do Pleno do concello que tivo lugar o día 31 de xullo de 2025, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual número 16 do Plan xeral de ordenación municipal: cambio de clasificación de tres parcelas en Bastiagueiro.

De conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, da Área de Urbanismo-trámites de información publica, polo prazo de dous meses, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 20 de agosto de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente