DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 8 de setembro de 2025 Páx. 48748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de execución subsidiaria por incumprimento de orde de xestión da biomasa.

Visto o expediente tramitado para ordenar a xestión da biomasa nas parcelas 541, 630, e 1307 do polígono 21 (referencias catastrais 36036A021005410000QM, 36036A021006300000QQ, e 36036A021013070000QY), que rematou co Decreto 46/2025 de orde de execución contra as persoas titulares das parcelas referidas.

Visto que, tras intentos infrutuosos de notificación, se publicou a referida orde de execución no DOG e no BOE (do 26 de xuño de 2025 e do 1 de xullo de 2025, respectivamente) polo que respecta ás parcelas 541 e 1307 do polígono 21 (referencias catastrais 36036A021005410000QM e 36036A021013070000QY, respectivamente), en aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Realizada visita de inspección ás parcelas 541 e 1307 do polígono 21 o 16 de agosto de 2025, constátase que non se cumpriu coa orde de execución do 5 de febreiro de 2025.

Visto o artigo 20 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no caso de persistencia no incumprimento do ordenado transcorrido o dito prazo, poderán imporse multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben realizar a execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste precepto.

Tendo en conta o informado polo servizo técnico municipal, en uso das facultades que me confire a normativa vixente, artigo 21.1 da Lei 7/1985, Reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, e no artigo 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xuño, de Administración local de Galicia, por medio da presente,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal nas parcelas que seguen, onde o Concello non ten coñecemento da persoa titular, nun caso, e non dispón de enderezo coñecido, no segundo caso, co seguinte detalle:

Polígono

Parcela

Titular catastral

Superficie de afección

(50 m perimetrais á edificación illada destinada ás persoas,
a menos de 400 m do monte)

21

541

M. A. A.

(enderezo descoñecido)

291,37 m2 (100 %)

1307

En investigación

(persoa titular descoñecida)

274,39 m2 (39,48 %)

Segundo. A presente resolución será obxecto de publicación no DOG, de acordo coa Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, porque non dispomos de enderezos coñecidos.

Terceiro. Dar conta ao Pleno na primeira sesión ordinaria que realice e notificar a presente á persoa interesada e á solicitante, co réxime de recursos que proceda.

Oia, 22 de agosto de 2025

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa