
O 11.4.2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 71, do 11 de abril) a Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual (código de procedemento AU301E), en diante, resolución de convocatoria.
O artigo 5 da resolución de convocatoria establece que as subvencións reguladas ao abeiro desta resolución se financiarán con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por un importe dun millón de euros (1.000.000,00 €) con cargo á anualidade 2025, e un millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 €) con cargo á anualidade 2026, con fondos procedentes do MRR, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UE-NextGenerationEU.
O artigo 6 da resolución de convocatoria prevé a posibilidade de ampliar o crédito nas circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Actualmente na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da convocatoria de subvencións.
De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,
RESOLVO:
Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario
Ampliar en un millón oitocentos cincuenta mil euros (1.850.000 €) o importe do crédito inicialmente previsto na Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual (código de procedemento AU301E) de acordo coa seguinte distribución da financiación por anualidades:
|
Anualidades |
Crédito inicial |
Ampliación de crédito |
Total |
|
2025 |
1.000.000 € |
350.000 € |
1.350.000 € |
|
2026 |
1.500.000 € |
1.500.000 € |
3.000.000 € |
|
Total |
2.500.000 € |
1.850.000 € |
4.350.000 € |
Na seguinte táboa detállase o crédito definitivo:
|
Crédito |
Conta financeira |
Importe |
|
Inicial |
6566 (subvencións de capital a corporacións locais) |
2.500.000 € |
|
Ampliación |
6566 (subvencións de capital a corporacións locais) |
1.850.000 € |
|
Total |
4.350.000 € |
|
Esta resolución producirá efectos consonte o previsto no artigo 39.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional segunda da Resolución do 28.3.2025;
DOG núm. 71, do 11 de abril)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
