BDNS (Identif.): 853838.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/853838
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumando matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento da Universidade de Vigo no curso académico 2024/25.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é atender de maneira especial o novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar desde o curso académico 2024/25 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 28 de agosto de 2025 pola que se convocan as bolsas Santander Axuda Económica 2025, Premios á Excelencia Académica, para o estudantado que iniciou estudos de doutoramento nesta universidade no curso 2024/25.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estes premios será de dezaoito mil euros (18.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 29 de agosto ata o 15 de outubro de 2025.
Vigo, 28 de agosto de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG núm. 111, do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
