BDNS (Identif.): 853811.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/853811
Primeiro. Persoas beneficiarias
Estudantado que inicia estudos de grado e máster na Universidade de Vigo no curso 2025/26.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na titulación.
Categoría A: convócanse 105 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de grao.
Categoría B: convócanse 35 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de máster universitario.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 28 de agosto de 2025 pola que se convocan as bolsas Santander Axuda Económica 2025, Premios á Excelencia Académica, para o estudantado que inicia estudos de grao e máster universitario nesta universidade no curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estes premios será de cento corenta mil euros (140.000,00 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 29 de agosto ata o 15 de outubro de 2025.
Vigo, 28 de agosto de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG núm. 111, do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
