De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou por ser descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do proxecto de mellora da OU-212 (primeira fase), rectificación de trazado (Beariz) e humanización da travesía de Liñares (Avión), de clave OU/23/189.06, no concello de Beariz.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Ourense da AXI, sito na rúa Sáenz Díez 1 (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 21 de agosto de 2025
Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense
ANEXO
|
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
3 |
32012A02500102 |
34494495S |
|
3 |
32012A02500102 |
44487986Y |
|
3 |
32012A02500102 |
34435779H |
|
5 |
32012A02500106 |
Prieto Villaverde, M. Asunción Sisita Hd. |
|
6 |
32012A02500107 |
34498536P |
|
11 |
32012A02500199 |
Prieto García, Jacinta (herdeiros de) |
|
12 |
32012A02500200 |
Balboa Candedo, Asunción |
|
13 |
32012A02500201 |
34494495S |
|
13 |
32012A02500201 |
44487986Y |
|
13 |
32012A02500201 |
34435779H |
|
14 |
32012A02500202 |
Cerdeira Ogando, María (herdeiros de) |
|
15 |
32012A00100730 |
Descoñecido |
|
17 |
32012A00100418 |
Veciños de Candedo e Forxa |
|
18 |
32012A02600663 |
Veciños de Candedo e Forxa |
