En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:
Solicitante: Isac e Hijos, S.L.
NIF: B70090295.
Expediente: DH.W27.84464.
Parroquia: Lourenzá (Santa María).
Concello: Lourenzá.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na legalización do peche da parcela P-1 no polígono de Lourenzá, con referencia catastral 8365501PJ3186N0001MY, na zona de policía dun rego innominado.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 21 de agosto de 2025
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
