DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 9 de setembro de 2025 Páx. 48918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución de retirada dun permiso de explotación para o marisqueo a pé.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de retirada do permiso de explotación para o marisqueo a pé.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), nas oficinas da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar, situadas no Alto da Rosa, s/n, O Carril, Vilagarcía de Arousa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 25 de agosto de 2025

A directora territorial de Vigo
P.S. (Resolución do 13.5.2024)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

DNI persoa interesada

Acto que se notifica

35472007G

Resolución do 14.7.2025