Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícaselle á persoa sinalada no anexo a resolución desta dirección territorial, do 23 de xullo de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA PED703. Substitución de apoio ANS16PGA17, no concello de Bergondo (expediente IN407A 2023/446-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, contado a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución, ou interpor calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 22 de agosto de 2025
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Regulamentación LMTA PED-703. Substitución de apoio ANS16PGA//17 (Bergondo)
|
Parcela do proxecto |
Persoa |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (CT e/ou apoios) |
Natureza do terreo |
|
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m²) |
|||||
|
1 |
Descoñecida |
2166901NH3926N0001TS |
CM |
Novo apoio |
2 |
Urbano. Solo sen edificar |
