DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 9 de setembro de 2025 Páx. 48913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/455-1, no concello de Vilarmaior.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Renovación de instalación por fin da vida útil do apoio ATPN8TCW//91-19-3-CT (LAMT PED710 Eume 2-10), no concello de Vilarmaior (expediente IN407A 2023/455-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 20 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/455-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Renovación de instalación por fin da vida útil do apoio ATPN8TCW//91-19-3-CT (LAMT PED710 Eume 2-10).

Concello: Vilarmaior.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Bulleira

15092A019002710000BI

Rosa María Pena Primoi

28.10.2025

12.15