DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 9 de setembro de 2025 Páx. 48911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2025 de emenda de erro na Resolución do 14 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 151, do 8 de agosto), do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2024/179-1).

Expediente: IN407A 2024/179-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Regulamentación LMT NEG-811 e TA2-803, apoio 9T61XLEC//D83.

Concello: Negreira.

Feitos:

1. O 16 de maio de 2024, a empresa promotora presentou a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública para o proxecto mencionado.

2. Tras a fase de consultas ás entidades afectadas e logo de someter o proxecto ao trámite de información pública, o 14 de xullo de 2025 resolveuse conceder a dita autorización.

3. Na resolución detectouse un erro de feito en canto á identificación do propietario do predio número 1, con referencia catastral 5057M003005980000JF. Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, a referencia catastral indicada está incluída dentro do predio de substitución número 522 do acordo da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte, no concello de Negreira, con acordo firme con data do 28 de xaneiro de 2025, e é o seu titular o propietario número 490 Juan Víctor Plata Currais.

Consideracións legais e técnicas:

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Emendar o anexo da dita resolución, de xeito que onde figura como propietario Víctor Fuentes Tomé agora conste Juan Víctor Plata Currais.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 2 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña