Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: nova OCR intemperie Muras 1. Despois de CD 2626 Fontepisón (Vilalba).
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Características técnicas principais:
• LAT aérea OCR aérea en apoio proxectado en LAT Muras 1: instalación de interruptor automático aéreo telemandado (IAT) PM6-24-630 A (24 kV-16 kA-630 A-145 kV), cruceta B2, cadeas de amarre, antiescalado, terra con dobre anel para ferraxes e terra para neutro.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días, contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Vilalba. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/vilalba
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 25 de agosto do 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de nova OCR
intemperie Muras 1, despois de CD 2626 Fontepisón (Vilalba)
Concello: Vilalba (Lugo).
Expediente: IN407A 2024/210 ATE.
|
Nº de predio |
Ref. catastral |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario/a |
Apoio (nº) |
Sup. oc. perm. (m²) |
|
1 |
27065C01301461 |
13 |
1461 |
Conzados |
Monte baixo |
Descoñecido/a |
1 |
9 |
