DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 9 de setembro de 2025 Páx. 48787

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2025 pola que se fan públicas as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 13 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301G).

O 26 de febreiro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 13 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301G), en diante resolución de convocatoria.

O 22 de xullo de 2025 a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión das subvencións das solicitudes para as cales había crédito suficiente.

Logo da aceptación da renuncia presentada por unha das entidades beneficiarias, o 18 de agosto de 2025, a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de nova concesión de subvención.

Segundo o recollido na resolución de convocatoria debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución fináncianse con cargo á conta financeira 6518 (subvencións correntes a familias e institucións sen fins de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto no artigo 14 da resolución de convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das subvencións concedidas.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional primeira da Resolución do 13.2.2025;
DOG núm. 39, do 26 de febreiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle das subvencións concedidas pola Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 22 de xullo de 2025, ao abeiro da Resolución do 13 de febreiro de 2025 (código de procedemento AU301G):

Expediente

Entidade solicitante

Proxecto

Zona
hidrográfica

Importe da subvención

AU301G2025-7

Asociación Amicos

Amiríos nas augas de Galicia-zona centro

Galicia Centro

60.000,00 €

AU301G2025-10

O Eido do Cervo

Mans ao Umia, conservación da natureza e educación ambiental no río Umia

Galicia Sur

60.000,00 €

AU301G2025-11

Asociación de defensa ambiental Grupo Gaturista Habitat

Zona hidrográfica de Galicia-Norte

Galicia Norte

59.944,26 €

AU301G2025-13

Asociación de defensa ambiental Grupo Naturista Habitat

Zona hidrográfica de Galicia-A Mariña

A Mariña

19.995,40 €

Detalle da subvención concedida pola Resolución da Dirección de Augas de Galicia de 18 de agosto de 2025, ao abeiro da Resolución do 13 de febreiro de 2025 (código de procedemento AU301G):

Expediente

Entidade solicitante

Proxecto

Zona

hidrográfica

Importe da subvención

AU301G2025-8

Asociación Amicos

Amiríos nas augas de Galicia-zona sur

Galicia Sur

60.000,00 €