De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2025, que figuran no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2025
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Asinantes |
Obxecto |
Data de sinatura |
Achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de As Neves |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello das Neves para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de sinalización da ruta de sendeirismo: Ruta arqueolóxica Taboexa-Rubiós dentro da categoría de promoción e posta en valor da contorna natural da comarca. |
5.6.2025 |
14.709,30 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Orbazai |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Orbazai para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de restauración dunha senda no contorno do río Mera para mellorar o acceso á ruta senlleira dos Muíños, dentro da categoría de promoción e posta en valor da contorna natural da comarca. |
5.6.2025 |
57.576,64 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Begonte |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Begonte para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de acondicionamento e ampliación do local social de Carral dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
18.7.2025 |
216.468,66 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación OlivArnoia |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación OlivArnoia para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a creación dun espazo divulgativo sobre o aceite e as oliveiras en Arnoia, dentro da categoría de promoción e posta en valor dos produtos agroalimentarios da comarca. |
24.7.2025 |
79.998,90 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Frades |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Frades para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para melloras no centro de cultura tradicional A herdanza do pasado dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
27.8.2025 |
48.398,86 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Pantón |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Pantón para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de mellora das fontes públicas de Pontón e de Guende, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
8.8.2025 |
48.327,34 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Cerdedo-Cotobade |
Addenda convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a concesión dunha subvención directa o proxecto senlleiro de restauración do tallamar sureste na ponte de Pedre, dentro da categoría de promoción e posta en valor do patrimonio histórico da comarca. |
8.8.2025 |
Sen achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a adecuación exterior do recinto do edificio veciñal O Canteiro, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
27.8.2025 |
23.177,55 € |
