DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 9 de setembro de 2025 Páx. 48791

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207C).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 145, do xoves 31 de xullo de 2025, procede facer a oportuna corrección:

Na páxina 42083, no artigo 2.1.e), onde di:

«e) Realizar o proxecto no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2026», debe dicir: «e) Realizar o proxecto no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de xuño de 2026».

Na páxina 42109, no anexo II (continuación), na declaración 10, onde di:

«10. Que a sala programará máis dun 50 % das películas non nacionais en versión orixinal subtitulada entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2021», debe dicir: «10. Que a sala programará máis dun 50 % das películas non nacionais en versión orixinal subtitulada, computadas por número de sesións, entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de xuño de 2026».