Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (persoas interesadas), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 8 de agosto de 2025
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Parte contraria notificada |
Resolución notificada |
|
PR204A 2025/579-2 |
Ana María Romero Barral |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/580-2 |
Ana María Romero Barral |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/1643-2 |
Alejandro Javier Santos Fernández |
Desestimatoria |
|
PR204A 2025/2506-2 |
José Eduardo López Valiña |
Estimada parcialmente |
|
PR204A 2025/2518-2 |
María Ángeles Manciñeiras Vila |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/2625-2 |
Josefa Seijas Corral |
Desestimatoria |
|
PR204A 2025/2766-2 |
Patricia Daniela Rodríguez Galea |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/2838-2 |
Verónica Zorrilla Castro |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/2972-2 |
Julio Gómez Fernández |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3007-2 |
María Alejandra Betancourt Guevara |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3069-2 |
María Rocío Gómez Rubiños |
Desestimatoria |
|
PR204A 2025/3082-2 |
José Manuel Cela Quiroga |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3162-2 |
Manuel Carballo Geada |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3188-2 |
Bar Cofin |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3226-2 |
Arturo Casado Duque |
Desestimatoria |
|
PR204A 2025/3294-2 |
Kevin Alejandro Granados Aguiar |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3298-2 |
Ocupantes Ignorados |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3507-2 |
José Manuel García Pigueiras |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3554-2 |
Wady Rodríguez Luciano |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/3653-2 |
Enrique Ladra Cuba |
Estimatoria |
