Mediante a Resolución do 14 de xaneiro de 2025 (DOG do 27 de xaneiro e BOE do 9 de abril) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (APL), grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.
Mediante a Resolución do 5 de maio de 2025 (DOG do 14 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Unha vez finalizado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para realizar o segundo exercicio da fase de oposición o 22 de outubro de 2025, ás 16.00 horas, na aula 5, andar baixo da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, rúa Alfonso X o Sabio, s/n, 27002 Lugo. Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento do galego.
A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou a resolución. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
