DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Aluminios Cortizo, S.A.U. para unha planta de pretratamento e fundición de chatarra de aluminio, no concello de Coirós, A Coruña (expediente 2024-IPPC-I-99).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de pretratamento e fundición

de chatarra de aluminio

Procedemento: autorización ambiental integrada

e avaliación de impacto ambiental

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.U.

Núm. de rexistro AAI: 2024-IPPC-99-386

Concello: Coirós (A Coruña)

Expediente: 2024-IPPC-I-99

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
P.D. (Acordo do 7.8.2025)
Alejandro Carrera López
Subdirector xeral de Avaliación Ambiental