DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de dúas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de dúas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2025/1984658.

Data: 11.7.2025.

Solicitante: María del Río Pérez.

Especie: Taxodium dischitum (L.) Rich.

Tipo: árbore.

Localidade: Belesar.

Concello: Baiona.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2025/2077568.

Data: 22.7.2025.

Solicitante: Julián González Areal.

Especie: Olea europaea L.

Tipo: árbore.

Localidade: Rebordáns.

Concello: Tui.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto Información pública árbores senlleiras.

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra, avenida Victoria Moreno, 43, 4º, 36071, Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025

A directora xeral de Patrimonio Natural
Por delegación de sinatura (Resolución do 12.8.2025)
Tomás José Fernández-Couto Juanas
Subdirector xeral de Espazos Naturais