De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 27 de agosto de 2025 do proxecto de ampliación de explotación de gando de vacún de leite no lugar de Paradela, na parroquia de Leobalde, no concello de Tordoia (A Coruña), promovido por Daniel Landeira Calviño.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025
A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
P.D. (Acordo do 7.8.2025)
Alejandro Carrera López
Subdirector xeral de Avaliación Ambiental
