DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 49030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente 2014/124/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo, para notificarlle o acto administrativo de comunicación dun trámite ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.

O expediente atópase á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto administrativo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, advírtese que, desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedente.

Lugo, 19 de agosto de 2025

O director territorial de Lugo
P.S. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Sandra Díaz Colmenares
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 2014/124/27.

Persoa interesada: Augusto María.

Acto administrativo que se notifica:

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 13 de xuño de 2025.