Expediente: IN407A 2024/038-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS CII817, CTC, XS e RC Sar.
Concello: Bueu.
Feitos:
1. O 31 de xaneiro de 2024 a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS CII817, CTC, XS e RC Sar.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 184.573,95 euros.
Unha vez examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade resolver as subtensións no lugar de Sar, na parroquia de Beluso, no concello de Bueu (Pontevedra). Para isto están previstas as seguintes actuacións:
– Instalación dun centro de transformación de 250 kVA de potencia, compacto de manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT. Estará conectado ao tramo de liña de media tensión aérea (LMTA) CII8170479 e situado na parcela con referencia catastral 36004A011002220000QL.
– No tramo CII8170479 proxéctase a instalación dun XS no apoio 9R14QBRQ//36-16-9 para protexer o centro de transformación Punta Udra (36AL32) existente e a instalación dun reconectador no apoio 9R1MOWXX//36-16-8 na derivación ao centro de transformación proxectado.
– Instalación de 725 metros de liña de media tensión subterránea para alimentar o centro de transformación proxectado.
2. Este departamento territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Bueu, a Demarcación de Costas del Estado, a Deputación Provincial de Pontevedra, o Servizo do Patrimonio Cultural, o Servizo de Patrimonio Natural e o Servizo de Urbanismo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Bueu e o Servizo do Patrimonio Cultural.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, polo que se entende, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 2 de abril de 2024, publicada nos seguintes medios:
– DOG (Diario Oficial de Galicia): 25 de abril de 2024.
– Xornal Faro de Vigo: 19 de abril de 2024.
– Taboleiro de anuncios do Concello de Bueu, desde o 15 de abril de 2024 ata o 29 de maio de 2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.
– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
4. O 8 de agosto de 2024, este departamento territorial, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, informou aquelas persoas afectadas pola declaración, en concreto, de utilidade pública de que dispuñan dun período de 15 días hábiles para presentar as alegacións, os documentos e as xustificacións que considerasen pertinentes.
Como non foi posible efectuarlles a notificación a todas as persoas afectadas, este departamento publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo de 2025 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 29 de marzo de 2025, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 725 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9R1MOWXX//36-16-8 da LMTA CII8170479, mediante paso aéreo-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V situado na parcela con referencia catastral 36004A011002220000QL, á altura do p.q. 1+800 da estrada EP-1302 Beluso-Cabo Udra, no lugar do Viso.
– Instalación dun XS no apoio existente 9R14QBRQ//36-16-9 e dun reconectador no apoio existente 9R1MOWXX//36-16-8.
– A instalación está situada en Sar, na parroquia de Beluso, no concello de Bueu (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS CII817, CTC, XS e RC Sar, expediente IN407A 2024/038-4.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para realizar as obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:
1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que estean afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.
2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.
3. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE número 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial xunto coa seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 18 de agosto de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Bueu
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio m² |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m² sub. |
||||||
|
1 |
Rosa |
Rústico |
36004A015000890000QY |
Descoñecido/a |
3,14 |
5,92 |
|
|
2 |
Carballo |
Rústico |
36004A011001600000QL |
Saneamientos Pufer, S.L. |
16,81 |
14,89 |
|
